7 de abril de 2011

A POESÍA SOCIAL É NECESARIA SEMPRE








A  poesía é  loita, a poesía  é  alicerce  universal e histórico na supervivencia da sociedade, é a miúdo o único camiño posible entre o ego e o inmenso cosmos, é entrega, é un paxaro na gaiola con voz, é conciencia,  é revolución.

 Se es poeta es activista,  acostumas ter ideoloxía, estás en grave risco de ser exterminado,  non sendo  que sexas un, aínda peor!, unha, activista puramente sentimental,  nese caso  poderías obter un indulto. 

Claro que, ter conciencia social, non ten  para nada que ver con facer versos, nin saber de métrica, pero é indiscutible que ter conciencia social, supón en moitos casos, estar en loita, ter como meta o benestar da sociedade, implica  partir do ego para chegar ao universo.

Se  tes conciencia social, es necesariamente activista con ideoloxía (revolucionario), corres o risco grave de ser exterminado sexas home ou muller   e sen indulto posible.

Entendédeme cando afirmo,  que comparto a bandeira e asumo a pancarta, a poesía social é necesaria sempre.


Madrid, 5 abril 2011





"A todas as compañeiras e compañeiros que o día 5 de abril en Madrid,  izamos a bandeira, os nosos pasos marcados no asfalto escriben poemas de loita e de esperanza. "





Raquel Pazos Garrido



2 comentários:

  1. Grazas a todos vós por estar vivos, despertos, loitando polos nosos dereitos nestes momentos de retroceso tan brutal que estamos sufrindo, ánimo

    ResponderEliminar
  2. Vouche dicir un dito, que non se soe empregar nestes termos, pero ben que vale: "Non se fai palleiro sen palla". Fomos unha representación, e ben orgullosos que fomos.
    Levamos o sentir de moitos.
    Grazas a ti.

    ResponderEliminar