27 de janeiro de 2013

Esa dor






Esa dor


A pena sabe a nata
é branca e non engorda
mais satura
A pena non te deixa durmir pola noite
A pena adelgázame
A pena é unha nube gris
que sempre anuncia tempestade
e vén por enzoufarnos

Ti fas todo por min,
menos quererme

Resistir é vencer

Dálle unha labazada a ese fantasma
inda que a pena pese
como a pedra de Sísifo
e o noso sexa xa un contrato
que se dá por extinguido.


Raquel Pazos
Vigo, 27 de Xaneiro de 2013
Licencia de Creative Commons

20 de janeiro de 2013

Aleivosía






ALEIVOSÍA


As ameixas maduras
penden da póla
ata que baten no chan,
resgan a pel,
amosan a carabuña
e fican entre as follas
coa doce fenda húmida.


Hoxe levo postas as túas bragas
sucias 


Licencia Creative Commons
Raquel Pazos Garrido
Vigo, 20 de xaneiro de 2013



9 de janeiro de 2013

O gran salto


"Gota de luna"
Carlos Velázquez
óleo e acrílica


O gran salto


Ti agóchaste
baixo o balbordo monótono e ferinte
de fontes estridentes.
É difusa a luz.
Ti agóchaste
baixo a plataforma elástica
sobre a que incesábel salto
ata que o silencio se fai realmente insoportábel
e caio
coa présa dun ave rapaz
na foxa abisal das ilusións extinguidas
e penso que talvez así algo compartimos
a fonte e mais eu, ferida aberta
perdémolo todo,
non hai nada que ocultar
A gota incesante que bate na rocha
onde ti te agochas
e estalo.


Raquel Pazos
Vigo, 9 de xaneiro de 2013
Licencia Creative Commons



4 de janeiro de 2013

Bailero


"Bailero"
Victoria de los Ángeles
Chants d'Augverne


Cheguei a este tema, e aos cantos de Auvernia,  logo da lectura de “La lluvia antes de caer” de Jonathan Coe.

Algunha pasaxe do libro, que por puro rigor, non cito textualmente, acompañarame por moito tempo; o Bailero, tamén.