22 de fevereiro de 2013

POR QUE ?






POR QUE ?


Porque non me podo estar calada
porque a miseria me atragoa
e non soporto o run run que teño
no oído esquerdo
totalmente fiel á realidade aciaga
porque ás veces aínda son afortunada
e a claridade me desborda,
aférrome a ela
porque sospeito que o seguinte
será un levanta peitos
que me permita manter distancias
porque o presente está vencido
por un pedaleo incesante
que me leva a ti
cando xa non estás
porque a idea última
foi a anticelulítica necesaria
xa que a pel estira,
ten esa propiedade alomórfica
estira, estira, estira
e adáptase

Raquel Pazos
Vigo, 22 de Febreiro de 2013
Licencia Creative Commons