31 de maio de 2013



PALABRAS

para Antonio e familia,
coa vosa mesma ilusión




Unha gaivota algareira
herba seca peteiraba
na mañanciña de maio
moi afanosa apiñaba




Gaivota de pluma nova
levas no bico a esperanza
reloce no teu corazón
con finas febras douradas




Con fíos de arume e palla
teces o niño a fervor
gaivota namorada levas
no bico palabras de amor, palabras


Raquel Pazos
Vigo, 31 de maio
Licencia de Creative Commons



2 comentários:

  1. O que si eres é unha gran poetisa que traduce os nosos sentimentos. De todo corazón é un pracer ler as túas palabras.

    ResponderEliminar