27 de março de 2013

Ignominia


"Laberinto Cósmico"
PATRICIA CORO
óleo


Ignominia



Pensa
en poñer orde.
A sintaxe perfecta
O ben feito ben parece,
e así a vida foi pasando


Perdícheste
-incrédula-
Non ves que xa todo é posíbel
e o lóxico é
que nada nos sorprenda.




Raquel Pazos
Vigo a 27 de Marzo de 2013
Licencia de Creative Commons

8 de março de 2013

para a eternidade


"Suburbios de un sueño"
MAR SÁNCHEZ
óleo



para a eternidade



Bícame
faino xa, dunha vez
dáme esa posibilidade
así para cando abra os ollos
soñarei
que foi verdade





Raquel Pazos
Vigo, 8 de marzo de 2013
Licencia Creative Commons
.