22 de fevereiro de 2014

NOITE A NOITE



DAVID AGENJO


NOITE A NOITE

Vivamos sen medo esta paixón
sen lindes, non hai refuxio
só crechas na pel
un disparo certeiro ó ousado corazón
que treme só con pensar en ti
e ponse a tiro

Vivamos sen medo esta paixón
sen lindes, demórame nese impacto
como a lúa
que ilumina noite a noite
sen pedir permiso ó sol
Devórame, tan lentamente.


Raquel Pazos
Vigo, 20 febreiro 2014
Licencia de Creative Commons

16 de fevereiro de 2014

INMUNES



OPORTO, 16 febreiro 2014

 INMUNES

O mar bate enfurecido,
as cousas do corazón
tamén baten
e déixannos  extenuados
cando atravesan o espigón.

Nós permanecemos fieis e húmidos
pois a urxente forza clandestina
da nosa condición de amantes
fainos inmunes
a todo estraño virus que nos teña superado.


Raquel Pazos
Porto, 16 de febreiro de 2014
Licencia de Creative Commons

3 de fevereiro de 2014

DOCEMENTE





DOCEMENTE

ás caixeiras, miñas compas

pi, pi, pi,
a que vos recorda?
somos moitas
as que a diario dicimos
69 con 69 céntimos
por dicir algunha cifra,
polo menos que sexa erótica!

Nese instante somos as raíñas
e así é como nos sentimos

Son unha goma de mascar
na túa boca.

E docemente así,
é como nos explotan


Raquel Pazos
03 de febreiro de 2014
Licencia de Creative Commons