30 de março de 2014

PERDEN ACEITE




PERDEN ACEITE

Os versos suceden en horizontal como a vida
a liña da pube sobe en vertical
e conflúen, chocan.
Perden aceite.
Libérase a oxitocina
e a liña da pube
engánchase ao O do seu quérOte,
case no centro mesmo da palabra
que non chegou a pronunciar
e da que fica prendida.
Raquel Pazos
Licencia de Creative Commons

10 de março de 2014

8 de marzo


Con motivo do 8 de Marzo, día Internacional da Muller, achego a miña participación no Círculo Poético Aberto, coa lectura dunha selección de  poemas que gardan íntima  relación co festexado:  Docemente ,  Bícame, bícame sempre, Confesíón... agardo que vos guste!