16 de setembro de 2018



Superficie inclinada
Declive pronunciada
Ribazo dun foso
A palabra é un esgallo
que sen cortar permanece
Un enxerto que prende
aquí, e prende
acolá,
na pedra triste
na pabea seca
na punta da lingua
na liña duns labios
que nunca a dirán.

©Raquel Pazos



5 de maio de 2018




QUE NON, 
o que me motivas
non importa
porque perdiches todo interese 
e só cumpres
E cando salto as ondas 
xa non me acompañas
só sorrís
desde a beira afastada
e os teus bicos, os teus bicos
non teñen o sabor orixinal
por iso aprendín a pechar a boca
E cando salto as ondas
xa só importa non tragar
máis auga salgada.